Programa DESEÑANDO O TEU FUTURO

A partir de mañá mércores, 11 de maio, poderán inscribirse nesta OMIX todas as mozas e mozos empadroados en Cuntis que queiran participar no programa DESEÑANDO O TEU FUTURO e que teñan entre 14 e 18 anos.
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, o cal ten como obxectivo a aproximación dos mozos e mozas galegos de entre 14 e 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas, e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lles permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

BOLETÍN SEMANAL DO 9 DE MAIO

http://xuventude.xunta.es/2016051019291/boletin-semanal-do-9-de-maio-de-2016.html 
VIDEOCONFERENCIA Google Analytics
O vindeiro martes día 19 de abril de 2016, en horario de  16:00  a 20:00 , temos a videoconferencia dende o Centro Demostrador TIC denominada Google Analytics.

Esta é unha sesión para comprender o valor e a importancia da analítica web no marketing en liña e como empregar Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das páxinas webs.

Máis información na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/node/6527


As persoas interesadas en asistir dende a aula CeMIT do Concello de Cuntis poden contactar coa propia aula CeMIT do Concello de Cuntis ou inscribirse dende a seguinte ligazón:

https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/16851
CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

http://xuventude.xunta.es/2016041418972/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2016.html 

BOLSAS DA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación práctica. As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito. A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará principalmente aspec¬tos relativos á actividade comercial, o estudo e a análise da pequena e mediana empresa comercial e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía. a actividade comercial e o seu ámbito.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento IN225A
Máis información no DOG do 30 de decembroo de 2015 e na Consellería de Industria, teléfono 981 545 599.
http://ceei.xunta.gal/

AXUDA COMPLEMENTARIA DO PROGRAMA ERASMUS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade comple¬mentarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no marco do Programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes das universidades do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan en Erasmus Estudos durante o curso 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de febreiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED417A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2016 e enwww.edu.xunta.es
Poden fasacerse consultas en: orientacion.sug@edu.xunta.es