EMPREGO

Prazas de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos
O Ministerio de Educación e Cultura convoca 21 prazas da Escala de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Organismos.
Os aspirantes deberán estar en posesión do título de Bacharelato ou Técnico.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOE do 10 de outubro de 2015.utónomos do Ministerio de Cultura.

Xuíz de paz titular de Cerdedo
O Concello do Cerdedo fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz de paz titular.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento
da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación,
nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de outubro de 2015 e no OMIX de Cerdedo, teléfono 986 753 185.

Empregados/as de fogar (internos)
- Localidade: Vigo (Pontevedra)
- Nº oferta: 12/2015/11390
- Data: 16/10/2015
- Requisitos: necesítanse empregados/as de fogar (internos).
Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

AXUDA PARA OBTER O PERMISO DE CONDUCIÓN


A Fundación Mapfre convoca 240 axudas de 500 € cada unha para mozas e mozos de entre 18 e 29 anos para a
obtención do permiso de condución.
Requisitos:
Outorgaranse a mozos pertencentes a familias de escasos recursos, polo que os ingresos anuais da unidade familiar,
calcularanse en base á seguinte fórmula:
dividirase o número total de ingresos anuais da unidade familiar entre o número de membros da mesma e o resultado debe ser
menor a 14.826 € por persoa/ano. Para o cálculo da renda familiar para estas bolsas, son membros computables da familia o pai
e a nai ou titor, no seu caso, o solicitante, os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no mesmo domicilio familiar ou
os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade.
Estar en situación de desemprego, polo menos, desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o momento da solicitude.
Vivir no domicilio familiar.

Para solicitar as axudas hai que superar un test de seguridade vial e encher un formulario na web www.fundacionmapfre.org

SEMINARIO SEGURIDADE EN LINUX

O vindeiro día 10 de novembro de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar por videoconferencia dende a aula CeMIT do Concello de Cuntis un seminario sobre seguridade en Linux aplicada a securización de servizos de uso cotián.

Máis información na seguinte ligazón:  https://cemit.xunta.es/node/6385


As persoas interesadas poderán inscribirse dende a seguinte ligazón: https://cemit.xunta.es/gl/actividade/15226 

DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA DE GALICIA