Axudas económicas para a formación práctica en empresas
A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo: 19 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2014-marzo 2015, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2015. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2015. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso do réxime ordinario ou no segundo curso do réxime integrado dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2014/15.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2015, para o alumnado de ciclos formativos a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2015 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2015. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 18 de maio de 2015 e en www.edu.xunta.es/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.