Deseñando o teu futuro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Deseñando o teu futuro que consiste en financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas.
Proxectos subvencionables
1. Os proxectos para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
a) Deben ter como persoas destinatarias mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
b) O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2015.
c) A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas serán de 4 horas como mínimo.
d) O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
2. Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas en Galicia (incluirá a titorización e o seguimento das estadías).
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa Deseñando o teu futuro en xeral).
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es no procedemento BS326A
Máis información no 
DOG do 10 de abril de 2015 e en teufuturo.ctb@xunta.es

Probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2015/16.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 5 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.
Máis información no DOG do 28 de abril de 2015 e en
www.edu.xunta.es
Probas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño, ensinanzas artísticas superiores, Arte Dramática e Conservación e Restauración de Bens Culturais
A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas para o curso 2015/2016, para os seguintes estudos:
Ensinanzas superiores de Deseño  ata o 28 de maio
Ensinanzas artísticas superiores  ata o 28 de maio
Arte Dramática  ata o 16 de xuño
Conservación e Restauración de Bens Culturais  ata o 9 de xuño
Requisitos: Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Máis información no DOG do 27 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es
Contra a violencia de xénero

Campaña Hai Saída do Ministerio de Sanidade contra a violencia de xénero.

Video: https://www.youtube.com/watch?v=C5C38DrQPqw&feature=youtu.be
Cartel: http://www.msssi.gob.es/campannas/campanas15/pdf/HaySalidaGallego.pdf

Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero: 016

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó CONTACONTOS


XXVIII Certame Mozos Investigadores
O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.
A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE ou do MECD: http://www.injuve.es ou http://www.mecd.gob.es
O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
Máis información no BOE do 21 de abril de 2015 e en
www.injuve.es
Videos en inglés
Oxford University Press España lanza un concurso para alumnos de Primaria e outro para Secundaria e Bacharelato. Os alumnos gañadores de Primaria poderán conseguir un iPad Air de 16 Gb, para cada un deles e o seu profesor de Inglés. Pola súa banda, os estudantes de Secundaria e Bacharelato poderán obter unha viaxe de fin de semana a Oxford para toda a clase xunto co profesor de Inglés e outro membro do centro.
Datas
O último día para inscribirse no concurso será o 12 de maio de 2015.

CAMPOS DE TRABALLO
Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
-Campos de traballo (a partir do 22 de abril, ás 9:00 horas):
-2ª Convocatoria
*Prazas libres en CCAA (dispoñibles a partir do día 29 de maio)
*Prazas libres no estranxeiro (dispoñibles dende o 19 de maio ao 22 de maio)
Folleto informativo
Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónico xuventude.programas@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

De incumprir este prazo de 48 horas, PERDERASE O DEREITO A PARTICIPAR NO CAMPO DE TRABALLO ASIGNADO, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.
Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas en quendas de verán
O Ministerio de Educación convoca axudas para 700 alumnos de centros educativos españois, para a participación na actividade de recuperación e utilización educativa dos pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara), durante o verán de 2015.
Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo de forma particular en https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios»
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poñerá a disposición dos alumnos beneficiarios un autobús que os trasladará ao pobo asignado dende a estación de ferrocarril ou autobuses máis próxima a este de acordo coas instrucións de participación. O traslado dende o domicilio ata ese punto de encontro correrá por conta dos interesados, e viceversa á finalización da actividade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en:

Campus de Profundización Científica para estudantes de 4º de ESO

O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no ano 2015, no Programa Campus de afondamento científico para estudantes de secundaria en Soria, durante o mes de xullo de 2015.

A Real Sociedade Española de Física será a encargada da organización e coordinación das actividades que se desenvolvan.
Solicitudes:
https://sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios"
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2015.
Máis información no
BOE do 16 de abril de 2015 e en https://rsef.es/
VII Concurso de Fotografía Concello de Ourense: Lactación Materna 2015

O Concello de Ourense convoca o VII Concurso de Fotografía Concello de Ourense: Lactación Materna 2015.
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos e residente en España que presente fotografías orixinais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ou 15 de setembro de 2015.
Máis información non BOP de Ourense do 16 de abril de 2015 e en
www.ourense.es/saude
XIII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense convoca o XIII Certame de artes plásticas para a mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos.
A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.).
Segunda: poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os trinta 30 anos.

As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 31 de maio de 2015.
Máis información no BOP de Ourense de 9 de abril de 2015 e en
www.depourense.es
Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas, quendas outono e primavera

O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" nas quendas outono e primavera, destinado a alumnado de:
- 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Programas de Cualificación Profesional Inicial.

As actividades desenvolveranse en pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara).
Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo a través da Dirección dos seus centros, formando grupos de 20 a 25 alumnos que serán acompañados por un ou dous profesores dos que habitualmente lles impartan clase. Os grupos de Centros de Educación Especial que participen deberán respectar a seguinte ratio profesor/alumno: un profesor acompañante máis, tres en total, por grupo de 20 a 25 alumnos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2015.
Máis información no
BOE do 15 de abril de 2015

Prazas estanzas en Europa para profesorado en linguas estranxeiras

O Ministerio de Educación convoca 110 prazas para a realización de estanzas profesionais en centros educativos de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Reino Unido, República de Irlanda e Suíza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de maio de 2015
Máis información BOE do 14 de abril de 2015 e en
www.educacion.es
Día Europeo da Información Xuvenil

O 17 de abril celébrase o día europeo da información xuvenil.
Aquí podes consultar a Carta Europea de Información Xuvenil, ERYICA:
Xornada informativa programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa)
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.
Data: 20 de abril de 2015
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). R/Madrid, 2-4. Fontiñas (Santiago)
Destinatarios:
·         Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos
·         Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude
·         Técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
·         Representantes de empresas interesadas na internacionalización
·         Interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade
Inscricións.- Do 9 ao 17 de abril ás 12:00 h mediante envío de formulario electrónico.
INICIATIVA XOVE 2015
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, que se desenvolvan durante o ano 2015.
Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha
     iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á
   mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas
   federacións sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que
   presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das
   asociacións/entidades que as conforman.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento BS306B
Máis información no DOG do 10 de abril de 2015

Tamén podes informarte na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no teléfono 986 53 36 00 ou no correo electrónico: omix@cuntis.es
Axudas para estudar idiomas durante o verán
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2015, do alumnado universitario matriculado no curso 2014/15 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2015.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 8 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es
Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer»

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, AECID, convoca o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer» destinados a aqueles centros docentes que durante o curso 2013/2014 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
A convocatoria está dirixida a todos os centros docentes españois sostidos con fondos públicos que impartan algunha das seguintes ensinanzas:
Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas, bacharelato e formación profesional.
Outorgaranse ata un total de 15 premios que se repartirán entre os distintos niveis educativos.
Os premios, que non levan consigo dotación económica, consistirán en:
- A participación nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento que se celebrará, do 17 ao 25 de outubro de 2015 en Marrocos. O Seminario terá unha duración de 40 horas lectivas.
- Diploma acreditativo de concesión do Premio aos centros educativos gañadores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 26 de marzo de 2015 e en
www.aecid.es
De Galice à Antibes! 2015

En colaboración co Centro Internacional de Antibes, co apoio da Embaixada de Francia en España, a APFG (Asociación de profesores de francés de Galicia) convida a todos os estudantes de francés galegos de entre 14 e 17 anos (menores de 18 anos en agosto de 2015) a participar no concurso "De Galice en Antibes! 2015"
O premio é unha estancia formativa dunha semana en Francia !
O prazo para presentar videos estará aberto ata o 24 de abril de 2015 á medianoite.
Podes ver o vídeo gañador da 1ª edición feito por Ana Lojo IES Pobra do Caramiñal:
https://www.youtube.com/watch?v=N1h-kruUgJc
e todos os videos participantes en 
https://docs.google.com/forms/d/1cJc8rLSara0gVWeaZ-YqJ3gYW5bwda55M_r5A9pBj24/viewform
Máis información en
www.galigalia.eu
Concurso de Historia para mozos

Eustory convoca a 8ª edición do seu concurso de Historia para mozos.
A quen se dirixe?
A idade para participar é de 14 a 21 anos, sempre que sexas estudante nun centro escolar (non universitario) dos países de España, Portugal ou continente Americano. O traballo pode ser individual ou en grupo, sen existir límite de participantes nos traballos de grupo. Existe a posibilidade de que os traballos estean compostos por estudantes de máis dun país.
Que podo gañar?
Primeiro premio: 2.500 € Alumnos / 1.250 € Titor
Segundo premios: 1.000 € Alumnos / 500 € Titor
Terceiro premio: 500 € Alumnos / 250 € Titor
Accésit: 200 € Alumnos / 100 € Titor
Ademais, os gañadores poden participar nos campus de historia - talleres organizados por EUSTORY Europa. Cada ano celébranse tres campus, dunha semana, sobre un tema de actualidade histórica, na que participan ao redor de 20 mozos, gañadores dos concursos de historia de cada país membro da rede. Os gastos da viaxe, o aloxamento e as actividades están cubertos por EUSTORY España, independentemente do premio que obtiveses.
A data límite é o 17 de agosto de 2015.

Máis información:
http://eustory.es/
D3mobile. Campionato Internacional de Modelado 3D

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil: "d3mobile.es Metrology World League". A extracción de información matemática precisa e eficaz do noso ámbito resulta clave para o seu correcto estudo, e é neste punto onde a fotogrametría se presenta como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio teléfono móbil. O Campionato desenvolverase a través da Web http://www.d3mobile.es/
Poderán participar neste Campionato todos os alumnos de Centros de Ensino de calquera país do mundo, con idades comprendidas entre os 15 e 17 anos.

Máis información:
http://www.d3mobile.es/
II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino

O Concello de Santiago convoca o II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino co fin de promover o uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna, procurando asemade unha maior difusión e valoración dos traballos audiovisuais escolares que se encamiñan a este mesmo fin.
Categorías de participación:
- Infantil
- Primaria
- Secundaria obrigatoria
- Secundaria postobrigatoria
Premios:
- Infantil: 400 €.
- Primaria: 400 €.
- Secundaria obrigatoria: 400 €.
- Secundaria postobrigatoria: 400 €.
- Premio do público: 400 €.
O prazo para a entrega dos traballos estará aberto ata o 2 de maio de 2015.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de marzo de 2015 e na OMIX de Santiago de Compostela, 981 543 001
Intercambio xuvenil en Sicilia (Italia). Programa Erasmus+:Xuventude en Acción

A Asociación de veciños Camino Real, de Galicia como socia dun proxecto de Erasmus+: Xuventude en Acción oferta catro (4) prazas para participar nun intercambio xuvenil que organiza o Concello de Roccavaldina e que se desenvolverá en Sicilia (Italia) do 20 ao 27 de maio de 2015.
Destinatarios/as: mozos/as con idades comprendidas entre os 18-30 anos
Inscrición.: Os mozos e mozas interesados en participar neste intercambio xuvenil deberán remitir no prazo más breve posible ao correo electrónico tutora_ali@yahoo.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo a seguinte información:
1. Nome (segundo figura no documento identificativo co que se vaia a viaxar).
2. Apelidos (segundo figuran no documento identificativo co que vaia a viaxar)
3. Domicilio (segundo figura no documento identificativo co que vaia a viaxar)
4. Localidade
5. DNI ou pasaporte, segundo o documento co que vaian a viaxar
6. Data de nacemento
7. Teléfono móbil de contacto
8. Correo electrónico de contacto
9. Teléfono de contacto en caso de emerxencia
10. Manifestación se queres ou non recibir por correo electrónico información sobre outros proxectos de intercambio xuvenil


Recoméndase viaxar co Carné Xove.
Máis información:
 
tutora_ali@yahoo.es
Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2015
O Ministerio de Educación convoca 1.870 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2015, para alumnos de 1º e 2º da ESO.
Estas axudas distribúense en dous grupos:
Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 28 de xuño 2015 a 12 de xullo 2015:
. Grupo I: 550 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 385 axudas de ata 326 €.
Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 12 de xullo 2015 a 26 de xullo 2015:
. Grupo I: 550 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 385 axudas de ata 326 €.
Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 31 de marzo de 2015 e en
www.educacion.es




Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2014/15, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.


Certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude

O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude  é un instrumento de acreditación oficial da participación en programas organizados polo órgano directivo competente en materia de xuventude e dos que se deriva a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes que contribúen ao desenvolvemento persoal dos/das participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen unha participación activa na sociedade.
Ten por finalidade confirmar a participación nun programa específico do órgano competente en materia de xuventude, darlle visibilidade á aprendizaxe non formal adquirida e validar as competencias asumidas, contribuíndo, deste xeito, a mellorar as posibilidades de emprego da mocidade galega, mediante a súa achega ao currículum vítae.
Os programas dos cales se deriva o dereito á expedición do certificado de educación non formal en materia de xuventude son Iniciativa Xove, Erasmus +, Xuventude en acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa.
Competencias e habilidades que se certificarán:

1º. Traballo en equipo.
2º. Aptitudes interculturais.
3º. Aptitudes comunicativas.
4º. Mellora de habilidades en linguas estranxeiras.
5º. Aptitudes organizativas, de planificación e toma de decisións.
6º. Aptitudes sociais profesionais (puntualidade, cumprimento das normas, realización de traballos asignados...).
7º. Competencias sociais e cívicas/participación activa na sociedade.
8º. Creatividade.
9º. Sentido da iniciativa e espírito emprendedor.
10º. Conciencia e expresión culturais.
11º. Confianza, autonomía e iniciativa persoal.
12º. Outras.
Para solicitar o certificado de educación non formal en materia de xuventude, as persoas interesadas deberán presentar, debidamente cuberto, o formulario de solicitude modelo BS325A
A persoa solicitante deberá indicar as actividades e tarefas realizadas no ámbito do programa en que participou e poderá marcar todas ou algunha das áreas de competencia e habilidades sinaladas, en función das actividades (realizadas de xeito individual ou en equipo) que as fundamentan.
Solicitudes en
https://sede.xunta.es co código de procedemento BS325A
Máis información no
DOG do 25 de marzo de 2015