PROGRAMA INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

O Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante xullo de 2015.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinanzas deportivas, Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
b) Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2015 e en www.educacion.es



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.