Campaña de verán 2015

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015.
A participación na oferta da Campaña de verán 2015 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).


Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple. Para discapacidades procedemento BS303G no caso de solicitude individual, ou BS303H no caso de solicitude múltiple.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de abril de 2015.
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.